1.500 participantes enchen o Pazo de Congresos na sexta edición do Xuventude Galicia Net

X_G_N

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Pazo de Congresos de Santiago enchese hoxe de cabos e de ordenadores. A partir das 10:30 horas arranca o encontro informático máis importante de Galicia que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, o “Xuventude Galicia Net”. En total 1.500 persoas asistirán ás conferencias e concursos que son tradicionais neste tipo de eventos. Ademais das actividades previstas para os participantes, hai tamén unha zona denominada “extranet”que é de libre acceso para os visitantes no que haberá a presentación de consolas, a última tecnoloxías nos móbilesasí como a proxección de balde da película “Pinocho 3000” de Fílmax (sábado ás 19 horas).

Máis información no seu web

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xuventude, Dirección Xeral de Xuventude

Claves

Conceptos