Na procura da xenealoxía dos vellos millos do noroeste

Súbese á rede o documental Os millos ausentes

2/12/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Fotograma do documental

Andrés Teira é un investigador que traballa na investigación sobre a penetración e difusión de antigas variedades de millo no antigo noroeste da Península Ibérica. O documental retrata a súa investigación, visitanto estudos de caso de Asturias e o norte de Portugal, ao redor das prácticas de cultivo e uso destas variedades no contexto agrario do noroeste peninsular, incluíndo casos galegos. O documental foi realizado por Illa Bufarda como partes das accións do proxecto de investigación “Old crops for new insights: agricultural systems of broomcorn and foxtail millet cultivation in Iberia", financiado pola Unión Europea co programa Marie Curie.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Unión Europea, Illa Bufarda, Norte de Portugal...