Presentan un documental sobre a muller romana na Gallaecia

Pódese ver un avance na rede

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Fotograma do documental.

Fotograma do documental.

Onte pola tarde presentouse o documental A muller romana na Gallaecia, un proxecto dirixido pola profesora da Universidade de Vigo María José Bravo Bosch que destaca o papel das mulleres galaicas e da posterior Gallaecia romana a partir dos datos existentes, e fontes como a arqueoloxía, o dereito ou as crónicas de época. O documental contou tamén coa asesora da profesora da Universidade de Vigo Susana Reboreda e presta unha especial atención ao dereito romano. O documental fai visible unha presenza feminina moitas veces pouco considerada e inclúe numerosas recreacións actorais en espazos históricos reais. O documental está producido por Imagia Video, realizado en colaboración das Universidades de Vigo e León e financiado pola Xunta de Galicia. Na rede pódese ver unha presentación.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Gallaecia, Universidade de Vigo, Arqueoloxía...