Vigo recupera a memoria de Antía Cal no documental A palabra xusta

Proxéctase hoxe martes 27 nos Salesianos

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Vigo recupera a memoria de Antía Cal no documental A palabra xusta

Onte estreouse no cine Salesianos de Vigo o documental A palabra xusta, un documental dirixido por Miguel Piñeiro e producido por Atlantis Multimedia sobre a profesora Antía Cal. Figura destacada da renovación pedagóxica e do galeguismo na posguerra, Antía Cal aínda vive aos seus máis de noventa anos e dialoga, neste documental, coa vella casa familiar de Muras, as montañas do Xistral e a natureza que a rodea. Memoria, reflexións vitais e ritmo pausado para descubrir o papel de Antía Cal na educación da posguerra galega. O documental proxectouse onte en Vigo e hoxe martes 27 tamén se proxecta, no cine Salesianos, en dous pases: ás 18.30 e ás 20.30 horas.

Trailer do documental:

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Antía Cal, Vigo, Cine...

Claves

Lugares