Urco Editora presenta o segundo número de Gallaecia

A obra ambientada na Galicia romana pódese adquirir vía web

26/5/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Aínda que cun certo atraso sobre as previsións iniciais, Urco Editora acaba de pór na rúa o segundo volume de Gallaecia. Esta BD de Iván Rodríguez Arós e Miguel Ángel Vigo Baleirón está ambientada na Galicia romana e mestura debuxo con fondos infográficos. O volume, de 28 páxinas e a toda cor está á venda por 9,98 euros. Como novidade, a obra pódese adquirir a través de Internet no web gzfriki.com. A editorial estará presente no Saló del Còmic de Barcelona coa primeira entrega desta serie e mais coa obra Purgatorio.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Urco Editora, Gallaecia, Debuxo, Internet...