Urco Editora abre nova serie de BD con Purgatorio

Trátase dunha obra de terror de Marcial Martínez Bascoy

27/3/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Purgatorio é o título da segunda serie de banda deseñada que presenta Urco Editora. Esta obra de terror supón o debut nos cadriños de Marcial Martínez Bascoy e publicarase con periodicidade bimensual. As entregas terán un formato algo maior que o do comic-book e contarán con 24 páxinas, das que dúas serán a cor. A BD, en galego, ten unha tiraxe inicial de 2000 exemplares e un prezo de venda ao público de 6,95 euros. Nas vindeiras datas a editora iniciará unha xira de presentación pública do proxecto, mentres preparan o segundo número da serie Gallaecia.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Urco Editora, Marcial, Banda deseñada, Gallaecia

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares