Urco Editora lánzase á edición de BD con Gallaecia

A obra preséntase o vindeiro día seis no Cultur.gal

1/12/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Unha serie histórico-fantástica ambientada na Galicia romana. Esta é a aposta de Gallaecia a obra de Miguel Ángel Vigo Baleirón e Iván Rodríguez Arós "Esfenodon" coa que Urco Editora se lanza á edición de banda deseñada. Segundo explican desde esta firma, a serie sairá cunha periodicidade bimensual que se podería acurtar segundo o éxito do proxecto. O primeiro número sae cunha tiraxe de 2.000 exemplares de 24 páxinas en formato cómic-book, cun prezo de 9,95 euros por unidade. A historia nárrase con debuxos sobre fondos de tres dimensións e explica a aventuras de de Lugh "o lobo branco", que tenta salvar o seu pobo da asimilación cultural. A presentación deste proxecto realizarase o vindeiro sábado seis de decembro, ás seis da tarde no marco da feira cultur.gal, que se celebra no recinto Palexco, na Coruña. Na presentación poderá verse unha grande figura troquelada do protagonista e mais chapas e camisetas da BD.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Urco Editora, Gallaecia, Cómic, Feira...