Un dos obxectos máis singulares da Idade do Ferro son uns fornos portátiles que foron localizados nun amplo número de xacementos na metade sur de Galicia. Estes obxectos foron interpretados tradicionalmente como fornos portátiles, cun uso orientado á produción metalúrxica ou cerámica. Un novo estudo publicado en Journal of Archaeological Science: Reports por un equipo liderado por Andrés Teira Brión conseguiu achegar nova luz sobre estes recipientes, botando man de dous exemplos atopados en Castromao (Celanova) e A Fontela, un recinto da Idade do Bronce escavado en Palas de Rei durante a construción da autoestrada A-54. A investigación, por unha banda, determinou que no caso do forno de Castromao, non adquirira as temperaturas precisas para producir cerámica. Nos dous casos, a investigación atopou que no interior dos fornos estaba presente ácido oleico. Segundo a hipótese dos investigadores, o uso primario destes utensilios terÃa que ver co procesado de landras para o seu consumo ou mesmo secado para o seu almacenamento, e o ácido oleico serÃa a consecuencia destes procesos de transformación. Tanto as fontes clásicas como a arqueoloxÃa evidenciaron que as landras foron un compoñente fundamental da alimentación na PenÃnsula Ibérica durante a Idade do Ferro. Teira Brión tamén fai notar a importancia ritual da comensalidade. "A participación destes alimentos na vida e nas crenzas, e o simbolismo da decoración de espiña de pez incisa na coroa do forno de Castromao poderÃa extender o significado destes artefactos do Noroeste de Iberia máis alá do utilitarismo. Os fornos modulares poderÃan ser comprendidos en termos de prácticas sociais nas que as landras (asociadas a fertilidade ou abundancia) poden tamén formar parte dunha esfera ritualizada da vida doméstica".