A Xunta adquire o lote de seis moedas galegas históricas por 178.200 euros

Exerceu o dereito de tenteo previsto pola lei de patrimonio

16/1/2026 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
102 lecturas | Compartido 1 veces

O tremissis suevo de ouro coa lenda "Munita Gallica Pax"

O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a orde pola cal a Consellería de Cultura exerce o dereito de tenteo sobre o lote de moedas galegas que foron obxecto de poxa en Madrid o pasado xuño na casa Jesús Vico o 25 de xuño. Algunhas das moedas, en especial a considerada máis valiosa, un tremissis suevo de ouro coa lenda 'Munita Gallica Pax', adquirida por un coleccionista norteamericano por 52.000 euros. Trátase de moedas moi importantes para coñecer as orixes do reino de Galicia. A Xunta comunicou á casa de poxas o 16 de xullo a súa intención de exercer o dereito de tanteo e "de ser o caso, do exercicido dunha acción civil de retracto en relación coa adquisición das sete moedas". O 9 de outubro, o Ministerio de Cultura comunicou á Xunta que exercía o dereito de tanteo unicamente sobre 1/4 de excelente dos Reis Católicos, Ceca A Coruña para destinala ao Museo Arqueolóxico Nacional. Con esta orde do DOG, a comunidade autónoma adquire as seguintes moedas históricas: Tremissis Suevo de Honorio, Ceca Gallaecia, Tremissis Suevo de Valentiniano, Ceca Gallaecia, Tremissis Suevo serie Latina Mvnita, Ceca Gallaecia, Tremissis Visigodo de Wamba, Ceca Tui, 1/2 de excelente da granada dos Reis Católicos, Ceca A Coruña e 1/2 real de Felipe II, Ceca A Coruña. A Xunta deberá pagar o prezo de remate da poxa das seis moeas, por un importe de 178.200 €.

Universo culturagalega.gal