A moeda 'Munita Gallica Pax' acada un valor de 52.000 euros na poxa

Sete dos exemplares vendidos en Madrid non poden ser exportados

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
O tremissis Munita Gallica Pax

O tremissis Munita Gallica Pax

Finalmente celebrouse a poxa da colección numismática Orol, un dos conxuntos máis notables de moedas acuñadas en Galicia. A moeda máis cotizada da poxa, como se agardaba, foi o tremissis de ouro Munita Gallica Pax, unha moeda do século VI posiblemente vinculada aos acordos de paz entre o rei Miro de Galicia e os merovinxios da Galia, e que foi adquirida por un comprador norteamericano por 52.000 euros.As outras moedas protexidas tamén adquiriron valores elevados. Todas elas están protexidas pola incoación do expediente BIC publicado o día 24 de xuño. Iso significa que non poden ser exportadas o estranxeiro e que a Xunta podería exercer un dereito de retracto polo mesmo importe do valor acadado en poxa.

Que che parece esta nova?
152 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moedas, Madrid, Ouro, Ben de Interese Cultural

Claves

Lugares