Falece Antonio Rodríguez o co-fundador de Inquedanzas Sonoras

Dedicouse ao mundo da distribución musical durante máis de corenta anos

| Santiago. Redacción | Seccións: NecrolóxicasMúsica
Compartir:

Inquedanzas Sonoras é unha das tendas e distribuidoras de música galega máis coñecidas deste século XXI, detrás dela están os nomes, menos coñecidos fóra do sector, de Óscar Domínguez e Antonio Rodríguez. O pasado día 11 falecía Rodríguez (Vigo, 1957) deixando o proxecto orfo dun dos seus piares. No xornal La Voz de Galicia na súa edición de Vigo dedícaselle hoxe un obituario destacando a súa longa traxectoria dedicada á música, dentro da actividade da distribución e comercialización. Máis de corenta anos dedicados nese sentido, como lembra desde as redes sociais o seu socio en Inquedanzas Sonoras, desexando que xa esté a carón do Silvio Rodríguez que Antonio tanto admiraba e lembrando que esa dedicación á música facíase "na parte que non soa pero que era imprescindible". A súa tenda, física e virtual, é amplamente coñecida polo sector da música en Galicia, sobre todo por aqueles artistas que usan do galego como lingua nas súas composicións, pola especialización e compromiso que nese sentido ten Inquedanzas Sonoras, que ademais tiña tamén como parte da súa actividade a edición e representación de artistas. Desde a empresa lembran que na súa traxectoria Antonio Rodríguez pasou previamente polo almacén da distribuidora Dimo, e pola tenda Disco 3. "Toda unha vida vendendo música en cartuchos vinilos, casettes e CD, ata en USB", lembran.

Que che parece esta nova?
232 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Inquedanzas Sonoras, Vigo, La Voz de Galicia, Lingua galega

Claves

Entidades
Lugares