Os pandeireteiros Maghúa sacan o primeiro disco

Corricán é resultado dun traballo de recollida feito desde 2006

22/10/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Capa de Corricán, de Maghúa

O local coruñés A Repichoca acollía o pasado venres 19 a presentación de Corricán o disco de debut dos pandeireteiros Maghúa. Da man do selo Inquedanzas Sonoras, este cuarteto chega cun proxecto no que todos os temas son tradicionais, froito dun intenso traballo de recollida que comezaron en 2006. Percusión e voces puras amosan a aposta do conxunto pola tradición máis pura. O disco, á venda por 12,95 sae baixo o selo Inquedanzas Sonoras.

Aínda que o nome do grupo fai referencia un banco de peixes e o corricán que titula o disco é unha arte de pesca, malia a que a maior parte dos temas que recolle o disco son do interior do país.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves