Inquedanzas Sonoras presente un novo Karaoke popular

O DVD permite cantar temas da tradición musical galega

20/11/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A seguir a senda do Galeoke, Inquedanzas Sonoras acaba de publicar Karaoke popular. Un DVD que convida a interpretar temas da nosa tradición como A Rianxeira, Catro Vellos Mariñeiros, A saia da Carolina, O Sancristan De Coimbra. ou mesmo o Himno Galego. O proxecto, desenvolvido pola editora Ton e Son, conta con arranxos de Rafa Crespo, Rubén Troitiño e Suso Atanes e inclúen instrumentos como acordeón, ukelele, flautas, gaitas ou tamboril que, segundo a discográfica, facilitan a interpretación dos temas. O volume sairá á venda a partir do 1 de decembro a un prezo de 10,95 euros.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con DVD

Claves

Conceptos