Lulavai presenta Lémbrame un soño

O cuarteto de arpas atrévese coa composición no seu segundo disco

2/2/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Catro despois do seu primeiro traballo, o cuarteto de arpas Lulavai acaba de presentar Lémbrame un soño, o seu novo proxecto. As catro antigas compoñentes da Orquestra Sondeseu atrévense coa composición no seu segundo traballo. Sete dos dez temas que se poden escoitar no disco naceron do maxín destas músicas, mentres os outros tres son temas populares. As arpas e as voces marcan a sonoridade do traballo, que se gravou nos Estudios Ancestral de Xustáns, Pontevedra, e que está á venda da man de Inquedanzas Sonoras.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con SonDeSeu, Pontevedra

Claves

Entidades
Lugares