Rodrigo Romaní presenta As arpas de Breogán

O disco repasa o emprego da arpa no folk contemporáneo

3/12/2012 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: música
10 lecturas | Compartido 0 veces

Capa de As arpas de Breogán

O instrumento musical que máis caracterizou a carreira musical de Rodrigo Romaní reclama todo o protagonismo en As arpas de Breogán, terceiro disco do músico. O proxecto conta con duas arpas, voces, contrabaixo e percusión en formato de cuarteto, acompañados por ocarinas ou elementos de ambientación electrónica. O volume recolle adaptacións de temas tradicionais, como Mi morena canda a composicións propia como a suite As arpas de Breogán, nos que o autor se achega á música clásica.
O disco, que se gravou na propia casa do músico, chega ao mercado da man de Fol Música e está dispoñible tamén en plataformas como Spotify. O volume preséntase ao público o venres 30 de novembro ás 12:30 da mañá na Sede da SGAE en Santiago de Compostela.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos