Coñécense os finalistas aos XII Premios Opinión

Destaca Rodrigo Romaní con 3 candidaturas e Pancho Álvarez e Óscar Fernández con dúas

22/2/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Os XII Premios Opinión de música folk amosan unha grande concentración das súas candidaturas nuns poucos artistas. Así, Rodigo Romaní opta a premios nas tres categorías, Mellor Premio Orixinal, Mellor Artista e Mellor disco, o que dá fe da aceptación que o seu último disco, Arpas de Breogán está a ter entre os críticos. Detrás del, están con dúas candidaturas cada un, a Mellor Artista e Mellor Canción, Pancho Álvarez e mais Óscar Fernánez, dos Cempés. Pola súa banda, Alonso Caxade, tamén candidato a mellor artista, tamén recunca na categoría Mellor Disco dentro do grupo Peldenoz, con Jazz&Trad.

Completa a listaxe de finalistas ao mellor tema Meu nome por mar e terra, de aCadaCanto. No Mellor Disco compiten tamén Pop de Barroso e Peixoto e mais o Mar Maior de Luar na Lubre. O xurado dos galardóns destacou que nesta xeira valoraron un 30% máis traballos do que no último ano.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rodrigo Romaní, Caxade, Breogán, Folk...

Claves

Protagonistas
Entidades