O folk galego destaca nas candidaturas dos Premios da Música Independente

Disco Las Palmeras! confírmase como unha das bandas revelación do pasado ano

30/5/2012 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: música
4 lecturas | Compartido 0 veces
Tres dos cinco candidatos ao mellor disco de música de raíz dos IV Premios da Música Independente son galegos. Uxía, Banda Crebinsky e Talabarte compiten cos seus últimos lanzamentos, todos da man de Fol Música, neste apartado. Canda a eles, destaca, dentro das principais categorías, a presenza de Nihil Obstat, o debut de Disco Las Palmeras!, que opta ao premio a mellor artista revelación e confirma o grupo como un dos máis importantes lanzamentos galegos do pasado ano. A axencia Esmerarte, pola súa banda, reúne 3 candidaturas con diferentes proxectos. Trátase da de mellor promotor, mellor videoclip, polo de El tiempo futuro de Eladio y los Seres Queridos (Zinqin Audiovisual) e mellor festival polo seu traballo no Vigo Transforma.
No campo da música electrónica atopamos o traballo de debut de Das Kapital, Ruído negro, competindo con Carlos Jean e o seu Plan B, mentres o Cuarteto Quiroga compite con Statements no apartado de música clásica. O veterán Víctor Coyote opta ao premio a mellor deseño gráfico e á mellor produción musical, e Josiño Carballo, de Ernie Producións, aspira ao galardón ao mellor Manager.

Logo da publicación da listaxe de aspirantes, o 1 de xuño ábrese o prazo de votación popular, a entrega dos galardóns será o vindeiro 25 de xuño.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Entidades
Lugares