Virandeira debuta con Sons do Atlántico

Música tradicional con tons celtas mestúrase nun proxecto basicamente instrumental

19/11/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Capa de Sons do Atlántico

Cun título que expresa a vocación céltica da súa música, Virandeira ten xa nas tendas Sons do Atlántico primeiro disco deste grupo vigués. Violín, teclado e ventos engádense ás gaitas neste traballo que achega 11 temas, na súa maior parte instrumentais. O álbum sae da man de inquedanzas sonoras, e está á venda vía web e en establecementos comerciais, ademais de poder escoitarse en plataformas como Spotify. O grupo presentará no vindeiro Culturgal, en Pontevedra, este traballo.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Atlántico, Spotify, Culturgal, Pontevedra

Claves

Entidades