Morre o catedrático José Luís Varela Iglesias

Foi discípulo de Risco e académico correspondente de RAG e RAE

12/1/2026 | Santiago. Redacción | Seccións: NecrolóxicasLiteratura
84 lecturas | Compartido 1 veces

Varela Iglesias nunha foto de xuventude Fonte: Galiciana

O pasado 9 de xaneiro falecía en Madrid, onde residía, o catedrático e académico José Luis Varela Iglesias (Ourense, 1924 -2026). Membro correspondente por partida dupla nas Reales Academias Galega e Española, Varela Iglesias iniciou os seus estudos de Letras na Universidade de Santiago de Compostela finalizado o seu doutorado en Filoloxía Románica na Universidade Complutense de Madrid. Durante a súa etapa no bacharelato, no seu Ourense natal, fundou e dirixiu a revista literaria 'Posío'. Foi discípulo directo de Vicente Risco e entre os seus obxectos de estudo e crítica ao longo da súa traxectoria centrouse tanto na literatura galega como na española con máis de 150 títulos publicados. A nivel académico a súa actividade levouno por universidades de Estados Unidos e Europa, así como por varias españolas. En 1970 gañou o Premio Nacional de Literatura Miguel de Unamuno no apartado de Ensaio. Tamén recibiu os recoñecementos honoríficos da Gran Cruz do Mérito Civil así como a Medalla de Galicia en 2001. A Real Academia Galega publ8icou hoxe un comunicado lamentando o seu falecemento e lembrando os seus moitos méritos intelectuais.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal