Afonso Vázquez-MonxardÃn (Ourense, 1960) acaba de ser nomeado académico correspondente da Real Academia Galega. O pleno da institución, na sesión celebrada o pasado venres, apoiou cos seus votos a proposta de incorporación do catedrático de Lingua e literatura galegas, autor de destacadas investigacións de fondos documentais relacionados con persoeiros da cultura galega -nomeadamente das gravacións de intelectuais como Otero Pedrayo- e activista cultural de referencia na súa cidade natal. O novo académico correspondente é licenciado en XeografÃa e Historia e desde 1983 é docente de Lingua e literatura galegas, profesión que exerce como catedrático no IES As Lagoas de Ourense.
Os seus primeiros traballos están moi relacionados coa carreira que estudou, na que se especializou en Prehistoria e ArqueoloxÃa. Como profesor visitante de lingua e cultura galegas, Afonso Vázquez-MonxardÃn Fernández está moi vencellado a universidades e centros galegos de América do Sur. Tras participar a finais dos anos 70 na comisión cidadá que gravou entrevistas para a radio a Celso Emilio Ferreiro, Blanco Amor ou XaquÃn Lorenzo, foi en 1991 un dos impulsores do proxecto Arquivo Sonoro de Galicia no seo do Consello da Cultura Galega, concibido para rescatar a memoria sonora de distintas sociedades da Galicia territorial e emigrante e integrala con outros exemplos da memoria sonora culta e popular nunha fonoteca pública. Foi ademais o organizador da primeira campaña de microfilmación de prensa e rescate de publicacións no Centro Galego de Buenos Aires para o Arquivo da Emigración, tamén do CCG.