Anxo Angueira é nomeado académico de número da RAG

O profesor Takekazu Asaka foi nomeado académico de honra

30/10/2023 | Santiago. Redacción | Seccións: lingualiteratura
46 lecturas | Compartido 0 veces

Anxo Angueira (esquerda, foto de Eduardo Rivo) e Takekazu Asaka (dereita). Foto: RAG.

O profesor da Universidade de Vigo Anxo Angueira, actual presidente da Fundación Rosalía de Castro, acaba de ser nomeado novo académico de número da Real Academia Galega. Angueira ocupará a vacante deixada polo pasamento de Salvador García Bodaño. O novo académico destaca pola súa dilatada carreira investigadora como profesor da Universidade de Vigo, pola creación literaria e tamén polo activismo e a xestión cultural na fundación Rosalía de Castro. Ao tempo, o pleno da Academia tamén designou ao profesor Takekazu Asaka como membro de honra da entidade. Asaka, profesor da Universidade de Toquio ata a súa xubilación en 2022, foi un destacado tradutor da literatura galega ao xaponés e promotor da cultura galega no Xapón. Asaka xa era académico correspondente da RAG desde 2017.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Anxo Angueira, Rosalía de Castro, Fundación Rosalía de Castro, Universidade de Vigo...