Preséntase a versión xaponesa de Cantares gallegos

A obra foi traducida polo lingüísta Takekazu Asaka

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A obra máis coñecida de Rosalía de Castro, Cantares gallegos, acaba de ver a luz nunha edición bilingüe galego-xaponés. O volume foi traducido por primeira vez á lingua do País do Sol Nacente por Takekazu Asaka, profesor de Filoloxía Románica na Universidade Tsudajuku. O autor participou esta mañá canda a Marisol López, secretaria xeral de Política Lingüística, na presentación da obra en Compostela. O departamento da Xunta colaborou á hora de financiar esta edición de quiñentos exemplares, que inclúe ademais un CD con poemas de Rosalía interpretados pola pianista Rika Nishikawa e mais a soprano Miho Hago. Ao tempo, o libro conta cun prólogo a cargo de Xesús Alonso Montero.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cantares Gallegos, Xesús Alonso Montero, Rosalía de Castro, Política Lingüística...