O profesor da Universidad de Tsudajuku, Takekazu Asaka, un vello coñecido da lingua e cultura galegas, presentou onte en Santiago de Compostela a edición de Follas Novas en xaponés, traducida como Wakaba syuu, coa que se completa a tradución á lingua nipoa das obras en galego de RosalÃa de Castro. O libro é unha "escolma representativa" dun s60 poemas traducidos ao xaponés dun total de 137 que compoñen o libro de RosalÃa de Castro. A obra conta cun limiar de Anxo Angueira e contou co patrocinio da ConsellerÃa de Cultura e Turismo, a través da SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica
Asaka dá ao prelo Wakaba syuu (2018), que cunha escolma representativa duns 60 poemas traducidos ao xaponés dun total de 137 –e das cinco seccións nas que se divide a obra (Vaguedás, Do Ãntimo, Varia, Da terra e As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos) na que non faltan pezas emblemáticas como Unha vez tiven un cravo, Negra sombra ou TecÃn soia a miña tea– se suma ás traducións á lingua nipoa xa feitas dos Cantares gallegos (2002 e 2005) e dos Contos da miña terra (2013) para completar con esta derradeira entrega a edición bilingüe xaponés-galego da obra de RosalÃa de Castro.