O secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica, ValentÃn GarcÃa, e Takekazu Asaka, traductor do galego ao xaponés, presentaron tres das súas obras bilingües en xaponés-galego: a segunda edición de 'A rosa de cen follas. Brevario dun amor', en libro e en versión CD musical, e 'As Romaxes da Franqueira', ambas de Ramón Cabanillas, e unha 'Introdución ás Cantigas de Santa MarÃa', de Afonso X O Sabio. Takekazu Asaka é un lingüista nado en Toquio (Xapón, 1952) e desde 1988 exerce como docente de FiloloxÃa Románica na Universidade Tsudajuku de Toquio, está considerado como 'embaixador' da lingua galega no paÃs nipón.
Takekazu presentou varias das súas novas creacións que, xunto ao patrocinio da Xunta de Galicia, elaborou antes e durante o confinamento para unir e achegar a cultura galega á xaponesa. A segunda edición da tradución de A rosa de cen follas, a primeira en versión xaponesa e que conta cun limiar de Francisco Fernández Rei, foi toda unha tarefa para el debido "á lingua de Cabanillas de principios do século XX e os seus dialectalismos cambadeses, con complexas metáforas e polimorfismo", explica Asaka. Esta trátase dunha edición aumentada, na que engade o seu descubrimento da rima derradeira. O CD musical en homenaxe a esta obra conta con catro cancións de Ramón Cabanillas: Era un piniño o novo, Aureana do Sil, O Rei tiña unha filla, Corazón-Volvoreta e unha de RosalÃa de Castro, Mayo Longo de Follas Novas. Todas elas interpretadas pola soprano Miho Haga e a pinaista Rika Nishikawa. Para a redacción de 'As Romaxes da Franqueira', Takekazu Asaka partiu da edición de 1927 para engadirlle un vocabulario galego-xaponés co léxico dos poemas de 300 entradas. Conta co prólogo, tamén, de Francisco Fernández Rei. Pola súa banda a 'Introdución ás Cantigas de Santa MarÃa' é unha escolma de sete representativas composicións deste cancioneiro mariano, sendo a primeira monografÃa que recolle cantigas marianas e as traslada ao xaponés. No limiar Ramón Lorenzo contextualiza a obra.