Cinco artistas do país optan aos premios Street Art Cities

As votacións aos galardóns internacionais están abertos ata o 31 de xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
De tanto golpear, de Diego As. Fonte: Street Art Cities

De tanto golpear, de Diego As. Fonte: Street Art Cities

Ata o vindeiro 31 de xaneiro están abertas as votacións populares para escoller o mellor mural de 2025. A plataforma internacional Street Art Cities seleccionou cinco artistas do noso país entre as 50 propostas finalistas ao seu certame anual. O lugués Diego As, Eva Casais e Delio Rodríguez, desde Vigo, o ourensán Mon Devane e o coruñés Wedo compoñen a listaxe de candidaturas a este galardón.

Catro das propostas galegas son ademais murais que se realizaron no noso país. Trátase de O afiador que realizou Mon Devane en San Xoán de Río (Ourense) e que xa fora escolleito como mellor mural do mes de xullo na plataforma. Canda a este, están na listaxe o que Delio Rodríguez fixo sobre as festas do Carme nas Pontes, As Mouras, que asinou Wedo (Edgar Goás) en Fene, e o mural itinerante que fixo Eva Casais en Moraña e que recibiu o recoñecemento da plataforma como mellor obra do mes de agosto. Pola súa banda, a candidatura de Diego As corresponde ao mural De tanto golpear, que realizou en Moratalla (Murcia). As xa se fixera co galardón ao mellor mural do mundo de 2021 cun traballo que realizou en Lugo.

Galería: Candidaturas galegas aos premios Street Art Cities

<i>Afiador</i> de Mon Devane. Fonte: Street Art Cities

Afiador de Mon Devane. Fonte: Street Art Cities

<i>Festas do Carme</i>, de Delio Rodríguez. Fonte: Street Art Cities

Festas do Carme, de Delio Rodríguez. Fonte: Street Art Cities

<i>As Mouras</i> de Wedo. Fonte: Street Art Cities

As Mouras de Wedo. Fonte: Street Art Cities

Mural itinerante, de Eva Casais. Fonte: Street Art Cities

Mural itinerante, de Eva Casais. Fonte: Street Art Cities

<i>De tanto golpear</i>, de Diego As. Fonte: Street Art Cities

De tanto golpear, de Diego As. Fonte: Street Art Cities

Que che parece esta nova?
564 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Wedo, Mon Devane, Eva Casais, Diego As...