O mural As Mouras de Fene gana nun concurso de arte urbana internacional

Wedo Goás fíxose coa máxima distinción na categoría Expert Spotlight 2025 da plataforma Street Art Cities

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Mural As Mouras realizado por Wedo

Mural As Mouras realizado por Wedo

As dúas lánguidas e mitolóxicas mouras recostadas contra a parede dun edificio de Fene son xa parte do olimpo internacional da arte urbana. O mural As Mouras, realizado polo artista coruñés Wedo Goás (Edgar Goás), foi escollido mellor mural do mundo na categoría Expert Spotlight 2025 que promove a plataforma Street Art Cities. A obra foi realizada durante o festival Perla Mural Fest 2025 en dous edificios da rúa Río Cádavo (Fene). As Mouras están inspiradas nas figuras da mitoloxía popular galega e o seu uso da música para encantar á xente. 

Que che parece esta nova?
311 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fene, Arte urbana, Wedo

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares