Diego As faise co premio Street Art Cities

O Xulio César que pintou en Lugo foi escolleito como mellor obra de 2021 no mundo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Inauguración do mural de Diego As coa alcaldesa Lara Méndez e o concelleiro de Xuventude de Lugo, Mauricio Repetto

Inauguración do mural de Diego As coa alcaldesa Lara Méndez e o concelleiro de Xuventude de Lugo, Mauricio Repetto

A plataforma Street Art Cities daba a coñecer na mañá deste 14 de febreiro fallo do seu certame para escoller o mellor traballo de arte urbana do mundo realizado en 2021. Logo dos máis de 60.000 votos recibidos a través das redes nesta convocatoria, o seleccionado foi o mural de Xulio César que o lucense Diego As realizou na Cidade da Muralla. A escolla realizouse entre cen traballos finalistas de todo o mundo, unha listaxe que incluía outras obras galegas executadas por Lula Goce, Mon Devane e Sokram. O mural de As xa fora escolleito na plataforma como mellor obra do pasado mes de agosto.

O galardón de Street Art Cities está convocado pola maior comunidade internacional de arte urbana e quere ser unha ferramenta para dar a coñecer esta disciplina e as persoas que a desenvolven.
Que che parece esta nova?
105 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Diego As, Xulio César, Arte urbana, Lugo...