Ata o vindeiro 31 de xaneiro están abertas as votacións para escoller o mellor mural do mundo na plataforma Street Art Cities. Entre as cincuenta candidaturas finalistas atópanse tres traballos galegos. O mural A dona do esteiro que a viguesa Lula Goce pintou na Ramallosa, en Nigrán, é unha das obras aspirantes do noso paÃs.
Canda a esta, opta ao galardón a obra Copora, do lucense Manuel PallÃn, que asina co nome artÃstico Yoe 33. Esta representación dunha muller castrexa xa fora galardoada por Street Art Cities como mellor mural do pasado mes de xuño.
Finalmente, un traballo que o artista madrileño Hugo Lomas Sfhir realizou en Fene o pasado mes de agosto completa a terna de proxectos situados en Galicia que compiten por este galardón. O creador realizou este traballo no marco da primeira edición do Perla Mural Fest.
O lucense Diego As foi o primeiro nome galego en alzarse co premio Street Art Cities na edición de 2021 por un traballo realizado onda a muralla de Lugo.