Street Art Cities, a maior comunidade do mundo dedicada á arte urbana, seleccionou catro murais galegos entre os cen mellores traballos que se desenvolveron nesta disciplina durante 2021. As obras optan agora a ser seleccionadas como a mellor creación do ano. As votacións para esta elección están abertas ata o 6 de febreiro.
O Xulio César que Diego As pintou na Rolda da Muralla de Lugo, e que xa fora seleccionado como mellor obra do mes o pasado agosto por esta comunidade, é unha das escolleitas. Canda a el, un traballo de Lula Goce en Aranda de Duero sobre o cáncer de Mama fai parte da selección.
Completan a presenza galega nesta listaxe o retrato do luthier Xermán Arias, en Triacastela, que Mon Devane realizou no marco da serie Las Estrellas del Camino, mentres Sokram, pola súa banda, foi seleccionado por Political correctness, mural que desenvolveu en La Bañeza sobre a liberdade de expresión.