Un ano máis, a plataforma Street Art Cities chama a votar os mellores traballos de arte urbana do mundo realizados nos últimos doce meses. Entre as cincuenta candidaturas de 2024 atópanse dous traballos realizados por artistas galegos e outro dun creador chileno feito no noso país. O prazo de votacións popular está aberto ata o vindeiro 31 de xaneiro.
Charanguista andino, mural que realizou o chileno Cristóbal Persona no Perla Mural Fest de Fene, é a única obra radicada en Galicia que opta ao galardón ao mellor mural. Canda a este, o lucense Tirso Paz Bublegum compite nesta mesma categoría con Rinascimento, que pintou en San Pietro Italia. Tamén opta ao galardón outro lucense, Diego As, que xa se alzara co premio en 2021, por un mural realizado en Linares-Baeza (Jaén).
Ademais, Bublegum opta ao premio Artist Choice, que selecciona un panel de expertos, polo mural Ornamental Ocelot que realizou en Cheste, Valencia.