A BNE crea un espazo propio para Valentín Lamas Carvajal no seu web

Ofrece a descarga de nove dos seus títulos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A BNE crea un espazo propio para Valentín Lamas Carvajal no seu web

O escritor ourensán Valentín Lamas Carvajal (1849-1906) acaba de ser incluído no repertorio de autores da Biblioteca Nacional de España (BNE). Isto significa a incorporación de biografías, liñas do tempo e material de investigación ao redor destas figuras, ademais dun acceso directo ás obras do autor dentro do catálogo dixitalizado da institución. As descargas de edicións da obra de Lamas Carvajal, xa en dominio público, inclúen títulos coñecidos do famoso xornalista cego, que gozou dunha gran popularidade na Galicia do último tercio do século XIX. Obras como o Catecismo da doutrina labrega, Flores de ayer, Saudades gallegas ou as súas Obras completas (editadas en 1927).

Que che parece esta nova?
404 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Valentín Lamas Carvajal, Ourense

Claves

Protagonistas
Lugares