Galicia Ilusiona reparte doce galas de maxia por todo o país

Santiago de Compostela acolle tamén o festival Encantos en Compostela os días 11 e 12 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Galicia Ilusiona reparte doce galas de maxia por todo o país

A cuarta xeira do festival Galicia Ilusiona, centrado no ilusionismo e a maxia, abre as súas portas este dous de outubro en Cangas. Esta será a primeira das galas que percorrerán o país ao longo do mes, con paradas en Lugo (día 3) Santiago de Compostela (4 e 5 de outubro) Ourense (9), Pontevedra (10), Vigo (11 e 12 de outubro), A Coruña (16 e 17) e Ferrol, que pecha o programa con galas os días 18 e 19.

Nestes eventos estarán presentes referentes destes espectáculos a nivel internacional como Mag Edgard, David Burtlet ou o coreano Seimei, ademais do galego Nacho Samena, ou o Mago Murphy, que actuará como mestre de cerimonias dos eventos.

En paralelo, Santiago de Compostela acolle entre o 10 e o 12 de outubro a segunda edición de Encantos en Compostela. O encontro distribúe 15 actuacións por diferentes espazos do concello a cargo de Gonzalo Albiñana, Axel Hecklau, Óscar Fernández, Eloy Fernández, Iago Saavedra, Samuel Moreno e Sara Rodríguez. Propostas para público infantil e adulto combínanse co programa local Habelas hainas, centrado na maxia de preto.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Santiago de Compostela, Cangas, Ourense, Lugo...