
A iniciativa, primeira desta magnitude no campo do ilusionismo galego, está coordinada polos magos Pedro BugarÃn e Dani Polo, e contará cunha trintena de profesionais do sector, dos que vinte serán galegos. O proxecto levará as súas actuacións a un cento de localidades do noso paÃs no marco do programa Maxia nas rúas: maxia no Camiño, a incluÃr galas nas sete cidades.
Nas mesmas participarán nomes destacados do panorama mundial desta disciplina coma Hyun Joon Kim, de Corea, o estadounidense Jimmy Delp, o belga Sebastien Dethise, o francés Arno, a arxentina Lore Lavand, ou Huang Zheng, de China. Nestas mesmas localidades poderán poderán verse tamén os números extremos de escapismo que protagoniza VÃctor Cerro, recoñecido internacionalmente nesta modalidade. Haberá tamén actuacións nas áreas pediátricas dos hospitais galegos. As actuacións serán de balde agás no caso das galas, para as que xa se poden adquirir entradas.