O Festival Internacional de Percusión chega a Galicia

O programa inclúe actuacións en Agolada, Lugo, Pontevedra e Compostela

17/7/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: música
17 lecturas | Compartido 0 veces
O Festival Internacional de Percusión, que se celebra desde hai anos en diferente localidades a nivel estatal, conta este verán por vez primeira con programación en Galicia. O programa acolle actuacións dos grupos Odaiko, Rastrexos Project, Amores, Percusiones del CSMA L.A.R. Legido con Nuno Aroso e mais Nuevo Contemporáneo, que abre as actuacións o vindeiro 22 de xullo en Cospeito. A partir de aí, o evento xirará por Lugo (27 a 29 de xullo) Compostela (3 e 4 de agosto), Agolada (8 a 11) e Pontevedra (13 a 15 de agosto). Ademais de actuacións, impartiranse tamén obradoiros de formación e haberá pasarrúas.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados
Claves temáticas
Lugares