O Festival de Jazz de Pontevedra cumpre 22 anos

Celébrase entre o 21 e o 26 de xullo

14/7/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Jazz pola rúa, obradoiros creativos ou jam sessions fan parte do programa do XXII Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra. A Cidade do Lérez acolle entre os vindeiros 21 e 26 de xullo a nova xeira deste recoñecido encontro, que contará coa presenza do jazz contemporáneo de Xan Campos Grupo, a fusión de Richard Bona o blues a cargo de Eric Bibb e o soul de Robin McKelle. Ademais, haberá actuacións a cargo de Grabriel Peso Trío e mais de Marcos Pin Factor E-Reset, e no Pontejazz Workshop participarán 17 dos músicos máis destacados do panorama jazzistíco actual do país.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Pontevedra, Blues, Lérez

Claves

Conceptos