Last Minute Experience, Shemekia Copeland, Eugene Hideaway Bridges ou Vijay Iyer Trio son algúns dos nomes que compoñen o cartel o novo Festival de Jazz de Pontevedra. A XXI edición deste evento celebrarase entre os vindieros 15 e 22 de xullo na Cidade do Lérez e contará ademais co Alberto Vilas Quinteto e con Paco Charlín Flood. Tamén haberá jazz no ImaxinaSons de Vigo, que daba a coñecer hoxe finalmente un programa no que predomina a fusión de estulos. Entre o 28 de xuño e o 6 de xullo, a Cidade Olívica contará con actuacións tan destacadas como a de Mostly Other People Do the Killing ou o acordeonistas francés Richard Galliano. Canda a eles, haberá concertos de Tigran, Baldo Martínez Cuarteto, Hyperpotamus ou Tora Tora Big Band entre outros.
De xeito paralelo coñecemos o cartel do Resurrection Fest, que encherá Viveiro dos sons máis duros entre o 1 e o 3 de agosto. Os australianos I Killed The Prom Queen e os británicos Sylosis son as últimas incorporacións a un evento no que tamén estarán, entre outros, Slayer, Bad Religion, Lamb of God ou Trivium.
Pola banda da Arousa, temos o anuncio dun novo festival en Vilagarcía. O I Festival de las 2 Culturas, México-Galicia celebrarase os vindeiros 14 e 15 de xullo e, para alén de concertos, achegará proxeccións audiovisuais, mostras e arte e un encontro gastronómico. Artellado como homenaxe á artista mexicana Lola Beltrán, participarán no encontro bandas como María Elena Leal Beltrán, Los Tucanes de Tijuana, Alberto Ángel "El Cuervo" o Mariachi Semblanza, así como Luar na Lubre ou A Neta do gaiteiro.
Ao carón, en Vilaxoán, as Revenidas chegan á súa décima edición os 18, 19 e 20 de xullo. Boderline 79, The Lákazan, O Leo e Arremecaghona, Fermín Muguruza, Os Diplomáticos, Zuloak ou A compañía do Ruído son algúns dos grupos que se achegarán a este festival.
Cartel do ImaxinaSons 2013.De xeito paralelo coñecemos o cartel do Resurrection Fest, que encherá Viveiro dos sons máis duros entre o 1 e o 3 de agosto. Os australianos I Killed The Prom Queen e os británicos Sylosis son as últimas incorporacións a un evento no que tamén estarán, entre outros, Slayer, Bad Religion, Lamb of God ou Trivium.