Nace o festival Cámara Escura a integrar fotografía e literatura

Mondoñedo acolle o groso deste programa entre os días 6 e 9 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Nace o festival Cámara Escura a integrar fotografía e literatura

Da man de aCentral Folque, e a recoller o nome da súa colección de libros dedicados á fotografía, nace o festival Cámara Escura que se desenvolve entre os días 6 e 9 de outubro repartido entre Compostela, Mondoñedo e Agolada. A mesturar literatura e imaxe, evento ten nesta primeira xeira a figura do fotógrafo holandés Ton van Vliet, que retratou o rural galego nos primeiros anos 80, como protagonista.

Deste xeito, o día 6, Santiago de Compostela acolle a presentación do libro O pálpito interior que recompila o traballo de Van Vliet en Agolada nos primeiros anos 80. As súas imaxes preséntanse acompañadas de textos de Luísa Castro e dun estudo de Eutropio Rodríguez, responsable da edición. Precisamente Agolada acollerá outra presentación da obra cos mesmos protagonistas o día 8, que fecharán a xira en Mondoñedo o día 9 de outubro.

Na vila mindoniense desenvólvese o resto da actividades do festival, que abren o día 7 coa estrea da obra Maruja Roca Foundation, unha creación contemporánea que combina poesía, narración e música apoiada no legado fotográfico de Maruja Roca. Na xornada o 8 desenvolveranse os obradoiros da escritora Alba Cid co título Da fotografía á literatura e do fotógrafo Eutropio Rodríguez dedicado á Fotografía documental.

Finalmente a poeta a Chus Pato desenvolverá un diálogo coa obra fotográfica que o etnógrafo dinamarqués Gustav Henningsen realizou no noso país nos anos 60, un acto que contará tamén coa intervención de Eutropio Rodríguez.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Literatura, Mondoñedo, aCentral Folque...