A terceira edición do programa Dinamiz-ARTj desenvolverá ao longo dos vindeiros 10 meses un total de 112 actuacións de diferentes artes en 18 concellos galegos. O Ministerio para a Transición Ecolóxica, a través do Instituto para a Transición Xusta e a Fundación Cidade da Enerxía, apoia esta iniciativa, que conta cun orzamento de 3 millóns de euros e conta con desenvolver un total de 1.095 actuacións en 174 concellos de todo o Estado.
O programa pretende "dinamizar a actividade cultural, contribuír á oferta turística e favorecer visitas aos concellos afectados por procesos de feche de minas de carbón e centrais térmicas ou nucleares" de todo o Estado. No noso país, os municipios que participan da iniciativa son A Capela, As Somozas, As Pontes de García Rodríguez, Cabanas, Carral, Cerceda, Cerdido, Laracha, Mañón, Moeche, Monfero, Ordes, Ortigueira, San Sadurniño e Tordoia na provincia da Coruña, aos que se suman os lugueses de Muras, Vilalba e Xermade. Todos eles se consideran concellos afectados polo feche das centrais térmicas de Meirama e As Pontes.
Precisamente Tordoia abre o programa galego da iniciativa co espectáculo de clown Xogando a reciclar de Moc Moc Fanny Medioambiente e a maxia de Joshua Kenneth o día 5. Xermade, cunha actuación do clown Duende Circo, e San Sadurniño, que acollerá un concerto do trío Nebra no mesmo día, son as seguintes propostas do programa.
Dinamiz-ARTj conta no noso país con propostas como Brassica Rapa, Vero Rilo, A Xanela do Maxín, Xarope Tulú, Faíscas da Pontagra, Pakolas, Teatro Ghazafelhos ou Trécola Producións entre outras formacións de diferentes disciplinas. Á hora de seleccionar as propostas para a actuación tense en conta a súa vinculación aos concellos afectados por estes procesos de transición ou a residencia nas provincia afectadas.