Ignacio Vilar doa libros e películas ao Instituto de Estudios Valdeorreses

O cineasta será homenaxeado este sábado pola entidade

24/7/2025 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: AudiovisualSociedade
1 lecturas | Compartido 0 veces

Ignacio Vilar (no centro, con barba), dirixe a rodaxe do documental "A aldea, o antigo e o novo" (2000)

O cineasta e guionista Ignacio Vilar, natural de Petín (1951) e responsable de filmes como Pradolongo (2008); Vilamor (2012); A esmorga (2014); Sicixia (2016) ou María Solinha (2020), entre outros, ven de realizar unha doazón de máis de mil libros da súa biblioteca así como de documentos audiovisuais da súa colección ao Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV) da súa comarca natal. O director agarda que este sexa o primeiro paso cara a creación dunha escola de cinema e fotografía no propio centro, segundo recolle o medio local Valdeorrasdecerca.com O 26 de xullo, ás 12,30 da mediodía, Ignacio Vilar recibirá unha homenaxe do Instituto de Estudos Valdeorreses no salón de actos da Casa Grande de Viloira.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas