Ignacio Vilar é finalista a mellor director no Festival de Cine de Nova York por Vilamor

É a terceira edición dun encontro que este ano ten a Turquía como país convidado

Hoxe arrinca en Nova York unha nova edición do seu New York City International Film Festival, unha cita que ten entre os 23 títulos seleccionados, unha película galega. Trátase de Vilamor, o último filme de Ignacio Vilar que conta a historia dun escritor que regresa á súa infancia natal co soño de recuperala pero cunhas ideas que non son do agrado de todos. O filme, que se proxectará o sábado 11 ás 7:45 PM (Tribeca Cinema 2, hora americana) participa na sección oficial de longametraxes de ficción, como a mellor director (para Ignacio Vilar). Unha delegación do filme está en Nova York para presentar o título. O encontro cumple tres ano e foi creado polo actor, director e guionista Roberto Rizzo (Trust me, Couples, Fascination ou o piloto de television Connecticut Cooking&Conversation) co obxectivo de darlle a emerxentes creadores a súa oportunidade de exhibir os seus traballos en Nova York. Este ano a cinematografía turca é a protagonista do encontro que se desenvolve entre o día 10 e o 13.