O Ministerio de Cultura financiará a restauración da Casa-Museo de Rosalía

Achegará 50.000 euros para o Edificio Murguía

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
O Ministerio de Cultura financiará a restauración da Casa-Museo de Rosalía

O ministerio de Cultura financiará con 50.000 euros a rehabilitación do Edificio Murguía (antes Centro de Estudos Rosalianos), "o último que queda por restaurar da Casa-Museo Rosalía de Castro", segundo a Fundación Rosalía. O anuncio realizouse durante a visita do ministro de Cultura, Ernest Urtasun, ao centro rosaliano, no que expresou que esta colaboración "queremos que teña continuidade e respaldo por parte do Ministerio". Durante a visita, Anxo Angueira explicou que a Fundación ten como obxectivo "ampliar os servizos da Casa de Rosalía", con novos espazos expositivos, pedagóxicos e administrativos.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ministerio de Cultura, Rosalía de Castro, Anxo Angueira, Casa de Rosalía...