A RAG renuncia á súa segunda sede

A entitade vóltalle a Novagalicia Banco a antiga casa de Murguía e Rosalía na Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O proxecto dunha segunda sede para a Real Academia queda suspendido. Segundo publicaba esta fin de semana La Voz de Galicia un dos últimos plenarios desta entidade acordou recentemente voltarlle a Novagalicia Banco o inmoble que cedera con este fin de 2007. A falta de fondos para abordar a rehabilitación do edificio, que fora casa de Rosalía de Castro e Manuel Murguía na Coruña, está detrás da decisión da RAG. Novagalicia Banco voltaralle en troques á RAG os 51.000 euros que a entidade investiu en reparar desperfectos no local durante o tempo que o tivo cedido.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Manuel Murguía, Rosalía de Castro, Casa de Rosalía...