A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín asinou na Casa Museo Rosalía de Castro, canda o director da Fundación, Anxo Angueira, o convenio anual para as accións de promoción, difusión da figura de Rosalía de Castro e o mantemento dos equipamentos da Casa Museo. Ambos os dous estudaron tamén novas vías de colaboración encamiñadas á renovación museográfica da Casa-Museo.

