A Fundación Rosalía aborda a renovación da Casa Museo

A entidade asinou convenios coas deputacións de Lugo e da Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Un acordo coa Deputación da Coruña permitirá financiar o 80% da renovación dos contidos museográficos da planta baixa da Casa Museo de Rosalía de Castro, en Padrón. A entidade provincial investirá un total de 32.668 euros ao proxecto a través do convenio que asinaban onte o seu presidente, Diego Calvo e mais o da Fundación, Anxo Angueira. Con este investimento renovaranse tres salas, as dedicadas á propia casa, á vida e á obra da autora. A finais do pasado mes de decembro, a Fundación asinou outro acordo coa Deputación de Lugo, polo que esta entidade achega 3.000 euros para elaborar pezas promocionais da institución.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Anxo Angueira, Deputación de Lugo, Deputación da Coruña...