AÃnda que continúa ameazado de desaparición pola retirada de apoio público, o programa Preescolar na Casa asinaba onte un convenio coa Deputación de Lugo que lle achega un respiro económico. A entidade provincial achegaralle a este programa educativo un total de 65.000 euros, o que permitirá manter a atención educativa no medio rural para 737 alumnos lugueses. A achega supón un incremento dun 25% nos fondos que a institución inviste no programa, dos que 50.000 euros proveñen da área de presidencia e outros 15.000 da de cultura. O vicepresidente da Deputación, Antón Veiga, sinalou que o programa Preescolar na Casa "mantense na actualidade única e exclusivamente grazas á Deputación".
Pola súa banda, Marisol Fernández, presidenta de Preescolar na Casa, apuntou que "non sabemos se o programa vai morrer ou non, pero loitaremos para que non desapareza" e rexeitou as declaracións da conselleira de Traballo e Benestar Social de la Xunta, Beatriz Mato, quen calificou de "obsoleta" a iniciativa.