Preescolar na casa bota o fecho

A Fundación ten en marcha un ERE de Extinción e finalizará a súa actividade o vindeiro 30 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:

Logo de 35 anos de traballo, a Fundación Preescolar na Casa cesa a súa actividade. A súa presidenta, Marisol Fernández confirmábao onte. Os graves problemas económicos que pasa a entidade, en pleno expediente de regulación de emprego e cun concurso de acreedores que lle impide mesmo optar a subvencións están detrás da desaparición deste histórico programa. A retirada do medio millón de euros que, ata hai dous anos, recibía da Xunta de Galicia é a principal causa do burato económico ao que se enfronta a fundación. Na actualidade, este programa prestaba servizo a 3.000 familias mediante o traballo de 32 persoas.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xunta de Galicia

Claves

Entidades