A falta de apoio fai perigar a actividade de Preescolar na Casa

A fundación que xestiona o programa baralla presentar un expediente de regulación de emprego

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:

Un ano máis, a falta de recursos ameaza a actividade da iniciativa Preescolar na Casa. A fundación que xestiona este programa de aprendizaxe no fogar para os máis novos anunciou que está a barallar presentar un expediente de regulación de emprego. Canda a esta, os responsables da entidade están a analizar outras medidas coas que facer fronte á falta de fondos que, segundo eles, está motivada polo descenso nas subvencións que a Xunta lle outorgaba a este proxecto. Na actualidade, Preescolar na Casa préstalle servizo a 3.500 familias de todo o país.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves