A Produtora Faro, referente audiovisual no noso paÃs, fechaba este 26 de abril as súas portas en Vigo logo de 35 anos de actividade. A empresa aduce problemas económicos como motivo do feche, que deixa na rúa 42 profesionais. O cadro de persoal anunciou unha folga indefinida logo que as persoas responsables da firma afirmasen carecer de liquidez para pagar as nóminas do mes en curso. Faro levaba varios anos a arrastrar unha crise financiera pola que xa declarara varios expedientes temporais de regulación de emprego desde 2014.