Terbutalina anuncia unha pausa indefinida na súa carreira

O grupo realizará o seu concerto de despedida no vindeiro EmigraSON de Bruxelas

O grupo Terbutalina despídese dos escenarios logo de quince anos de actividade. A banda de Esteiro anunciaba este 22 de xaneiro nas súas redes sociais unha parada de duración indefinida na súa actividade.

A agradecer o apoio do público, das persoas que pasaron pola banda e de todas as que participaron do proxecto, os músicos darán un último concerto o vindeiro 22 de febreiro na sala La Madeleine de Bruxelas, no marco do festival EmigraSON. Ademais, a xeito de despedida, presentou un lanzou un último tema, Bicos.

Segundo lembran, na banda "levamos dende 2010 subindo aos escenarios de forma ininterrumpida. 15 anos sacando boas cancións, disco tras disco, sin parar de tocar a nosa música en directo. Centos de concertos, pogos, suor, sangue e algún que outro oso roto. Pero ás veces as baterías tamén se esgotan. Por iso, queremos anunciar que Terbutalina vai parar de forma indefinida".