Tres óleos de Ovidio MurguÃa (1871-1900), fillo de RosalÃa de Castro e Manuel MurguÃa, e un crecho de cabelo de RosalÃa compoñen a nova cesión da Deputación da Coruña á Fundación RosalÃa de Castro. As catro pezas formarán parte do conxunto expositivo que se mostrará o vindeiro dÃa 15 ao público ao remate do proxecto de musealización que se está a desenvolver neste momento na Casa-Museo a través dun convenio coa propia Deputación da Coruña. As obras A feira de Santa Susana, Paisaxe de inverno no Sarela e Amor Durmido/ Retrato de Gala MurguÃa formarán parte do conxunto artÃstico do centro, en que se atopan varias obras do fillo de MurguÃa xa cedidas pola Deputación da Coruña. Canda os tres óleos, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, entregou un crecho de cabelo de RosalÃa que ficaba en depósito da institución con orixe no legado da familia de Juan Naya, bibliotecario da Real Academia Galega que está na orixe de boa parte das pezas relacionadas con RosalÃa de Castro que se custodiaban no Pazo de Mariñán. A vicepresidenta da Deputación, Goretti SanmartÃn, insistiu na vontade do gobernó da Deputación da Coruña de por a disposición do público o seu patrimonio e, nese sentido, "o destino natural destas obras de Ovidio MurguÃa é precisamente a casa en que habitou a familia".
O 4 de outubro de 1950, Gala MartÃnez-MurguÃa Castro, filla de RosalÃa de Castro e Manuel MurguÃa, doa “efectos de súa casa, roupas, mobles, cadros, valores e créditos pendentes” á nai de Juan Naya Pérez, Enriqueta Pérez RÃos. Case cincuenta anos despois, en novembro de 1997, a familia herdeira de Juan Naya, que fora Cronista Oficial da cidade da Coruña e bibliotecario da Real Academia Galega, asina un contrato polo que a Deputación da Coruña adquire diversos bens de carácter histórico-artÃstico entre os que se atopa un tresillo Isabelino caoba e un lote de documentos autógrafos ademais de varias obras de Ovidio MurguÃa. Nese lote de bens entregouse un crecho de RosalÃa de Castro que pasou a formar parte do patrimonio da Deputación Provincial da Coruña e que estivo exposto no Pazo de Mariñán ata xuño de 2017. O propio Juan Naya falou nunha conferencia pronunciada en Madrid en 1983 da existencia de dous crechos máis de RosalÃa de Castro, un cedido ao Centro Galego da Habana e outro que se atoparÃa na Academia Galega.